Bases da convocatoria
Convocatoria aBerta, pode participar cualquera persoa: estudantes, poetas visuais...
Tema: o dereito á educación
Características técnicas das obras: soporte dixital, formato JPG, ca maior resolución posible.
Dirección de envío: poesiavisualeducacion@gmail.com
Data límite de recepción: 30 de maio de 2010
Número máximo de obras por participante: tres
As obras acompañaranse do nome do autor, título e país.
Publicación das obras enviadas: iranse publicando de forma progresiva, a medida que se vaian recibindo e en función da dispoñibilidade de tempo dos organizadores en::
picasaweb.google.es/poesiavisualeducacion
Ambas entidades ademais resérvanse o dereito a publicar, nos seus respectivos sitios web, seleccións das obras.
Utilización posterior das obras enviadas: as obras non serán obxecto de ningunha transacción comercial, pero poderán seren reproducidas polas entidades organizadoras con finalidade divulgativa e utilizadas en propostas educativas.
Unha das posibles utilizacións das obras recibidas será a elaboración de carteis, ca finalidade de organizar unha exposición presencial. Tendo en conta esta posibilidade, recoméndase que as obras sexan mandadas na máis alta resolución posible.
A convocatoria non é competitiva, non hai jurado nin premios. Todas as obras enviadas que se axusten ao tema proposto serán publicadas. Non haberá selección previa de obras excepto naqueles casos en que as obras promoveran valores contrarios aos que inspiran a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
Difusión e seguimento da convocatoria. Realizarase dende as páxinas adicadas á convocatoria das dúas entidades organizadoras:
www.amnistiacatalunya.org/edu/3/poesiavisual2
boek861.blog.com.es/2009/11/23/educacion-7439787
ROGAMOS A MáXIMA DIFUSION
Suscribirse a:
Entradas (Atom)